Homenaxes e conmemoracións
- Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
- Día Internacional do Libro (23 abril)
- Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
- Día das Letras Galegas (17 maio)
e outras datas de interese.
Cúmprense 130 anos do nacemento dun dos grandes da literatura, da plástica e da cultura galega, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro do 1886 - Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950), por iso desde a Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé faremos unha exposición cos seus fondos: literarios, políticos e plásticos.
É un xeito de renderlle unha homenaxe a unha das grandes personalidades de Galicia. Dando a coñecer a súa figura pretendemos aumentar o coñecemento sobre este grande persoeiro da nosa cultura. Expoñerase tamén unha selección dos seus debuxos.