Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Centenario de Isaac Díaz Pardo na Bibioteca de Santa Cruz

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1855054

Con motivo do centenario do nacemento do intelectual galeguista e mecenas das artes Isaac Díaz Pardo unímonos na biblioteca de Santa Cruz ao acto que se celebrou o pasado 18 de xullo no Castelo de Santa Cruz coa inauguración dunha exposición memorial sobre este artista.

Na sala de préstamo temos unha pequena selección de libros de / ou sobre Isaac Díaz Pardo para levar en préstamo ou consultar nas salas de lectura da biblioteca, onde se inclúe o libro “Ensamble Isaac” que é o catálogo da exposición sita no mencionado castelo.

"Ensamble Isaac" amosa un proxecto multidisciplinar onde pintura, cerámica, fotografía, literatura e música se misturan para celebrar e homenaxear a obra e a persoa de Isaac Díaz Pardo. Nas verbas do seu impulsor, autor e editor Pacodíaz (Francisco César Díaz Sánchez), trátase de "Unha edición esencialmente plástica, que se organiza sen capítulos, que vai fluíndo páxina a páxina cara ao coñecemento da magnitude existencial de Isaac Díaz Pardo e o seu proxecto vital."

Esta incomparable e coidada edición en gran formato pódese desfrutar en calquera das sete bibliotecas municipais.

Unha figura tan importante para a cultura galega como a de Isaac merece ser lembrada por todas e todos, de aí a nosa pequena contribución na loa deste escritor, pintor, ilustrador e sobre todo unha das figuras artísticas máis relevantes do século vinte.

Grazas Isaac polo teu legado!