Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back 24 de febreiro: Día de Rosalía

O 24 de febreiro, venres, e partindo dunha iniciativa da AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega) celébrase en todo o país o Día de Rosalía.

Dende as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos sumarnos a este evento, polo que vos pedimos que, ademais de difundir na medida do posible dita celebración e participar nos distintos actos de reivindicación da súa figura e obra, vos animedes tamén, a regalar ese día, un libro en galego e unha flor.

En todas as nosas bibliotecas poderás atopar diferentes exposicións bibliográficas. Igualmente se levas material en préstamo agasallarémosche cun libro en galego e cun marcapáxinas poético.

Rosalía... máis perto de nós!