Asset Publisher

Back Á calor dos libros: guía de lectura para o Nadal 2014

 /documents/39407/55553/DLFE-20605.pdf/51d517d3-060e-ffc2-1ead-30ab6c117452

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboramos unha guía de lectura titulada “Á calor dos libros”, formada por  66 recomendacións de libros e dvd. Esta escolla foi realizada polo persoal das bibliotecas e nela pódense atopar publicacións moi diversas.
 

É unha escolla de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Bos libros e películas para gozar e compartir.
Desde as Bibliotecas de Oleiros ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura ou visionado e lembrar que un libro e un dvd son tamén un bo agasallo.
 

Son 66 libros e dvd que hai nas Bibliotecas Oleiros e que se poden levar en préstamo para casa. Divirten, emocionan, fan pensar, provocan a reflexión, aportan novos coñecementos...
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún agasallo por estas datas de Nadal ou Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, disco ou película. Gustaríanos que os/as que teñen vacacións que dediquen parte do seu tempo a ler algún libro; principalmente os nenos/as, adolescentes e mozos/as e lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa. 

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade.
Que 2015 traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades!