Actividades 65+

Atrás PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2024 Excursionismo e Sendeirismo 65+

O programa municipal Ven e Descubre ofrece para este ano 2024 un total de 1.350 prazas de excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 65 anos. Haberá 21 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo. A temática seleccionada para este ano é “Pasado e presente con nome de Muller”

O excursionismo consistirá en itinerarios culturais con visitas guiadas en grupo durante os meses de abril, maio, xuño, setembro e outubro. Vanse realizar rutas da man de mulleres cunha historia que debemos coñecer e reivindicar.  Lugo, Camariñas, Cangas, Bueu , Vimianzo son algunhas das vilas que se van a percorrer.

Tamén se desenvolverán rutas de sendeirismo guiado ,  de 14 km , por camiños de diferentes lugares de Galiza e Portugal. Monte Neme, Via Kuning, A Illa de Arousa son algúns dos lugares elixidos.

As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica .

Preme aqui para realizar a inscrición  nos seguintes prazos:

Excursionismo; do 18 de marzo a 1 de abril

Sendeirismo: do 8 a 12 de abril

As persoas que non poidan realizar a inscrición telemática poderán facelo a través do teléfono 981 610 000 en horario de 16:00 a 20:00 nos horarios establecidos por localidade e que poden consultar no folleto informativo.