A fonoteca

A fonoteca

A mellor forma de coñecer a historia de Radioleiros é escoitando as xoias que se agochan  entre os fondos da súa fonoteca. Desde este espazo compartiremos os mellores momentos desta singradura radiofónica. Entra e sorprenderaste!

Title Audio
jimenezherrero (mp3, 640 kB)

O Doutor Fernando Gimenez Herrero, (xa falecido) que fora alcalde de Oleiros e médico en Mera, lembra en Radioleiros como era a rúa que hoxe leva o seu nome en Dexo.

kaydedalfaroleiros95 (mp3, 1,1 MB)

En terra de 'oleiros', escoitamos unha curiosa anécdota sobre as propiedades curativas do barro na I Guerra Mundial.

luissuarez (mp3, 1,3 MB)

Entrevista de Luís Seijas a Luís suárez . O exdeportivista fala sobre as súas relacións coa Federación e a falta de recoñecemento aos xogadores de alto nivel. A

manolorivas (mp3, 896,3 kB)

O escritor Manolo Rivas recita un poema dedicado á memoria de Rafael Bárez no acto de homenaxe a este último en Sta Cristina.