Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As oficinas xerais do Concello de Oleiros pecharán ao público unhas horas durante o venres 24 e o luns 27 a causa de obras

As oficinais xerais sitas na Casa do Concello pecharán ao público desde as 13:00h do venres 24 de novembro ata as 11:00 horas do luns 27 por causa de obras de melloras nas dependencias do rexistro xeral.
 

O Concello de Oleiros acometerá obras de mellora nas instalacións das oficinas xerais sitas na planta baixa da Casa do Concello polo que deberán pechar o seu atendemento ao público desde as 13:00 horas do venres 24 ata as 11:00 horas do luns 27 de novembro

As persoas usuarias que teñan que facer algún tipo de rexistro ou comunicación de forma presencial á Administración poderán efectualas nos rexistros sitos na Facenda Municipal (Avda. Francisca Herrera, 3-Oleiros), no Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés-Perillo), no Departamento de Servizos Sociais (Avda. Che Guevara, 45-Casa Echeverry-Perillo) ou en calquera outro rexistro oficial. Por outra banda, está dispoñible 24h o rexistro a través da Sede Electrónica na web municipal.
 

back link