Hemeroteca

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 28 abril 2023

"Monstruo Rosa" de Olga de Dios e "La anomalía" de Hervé Le Tellier

Recomendacións en Radioleiros: 28 abril 2023
-  Infantil (crianzas a partir de 3 anos): "Monstruo Rosa" de Olga de Dios
 "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. Editado por Apila.
 Un día, Monstro Rosa decide emprender unha viaxe na busca doutro lugar, doutro sitio onde poder sentirse a gusto e atopar novas amizades tan iguais ou tan diferentes coma el, en definitiva, onde poda ser feliz.
"La anomalía" de Hervé Le Tellier
 - Xoves e persoas adultas:
"La anomalía" de Hervé Le Tellier. En Seix Barral.
Audiolibro dipoñible en eBiblio
Libro electrónico dispoñible en eBiblio 
10 de marzo de 2021: aterra en Nova York un Boeing 787 procedente de París cunha pasaxe de duascentas corenta e tres persoas, despois dunha viaxe accidentada debido a unha forte tormenta de sarabia. Tres meses máis tarde, sorprendentemente, un avión idéntico, co mesmo capitán e a mesma pasaxe, pide aterrar no aeroporto Kennedy. Sen embargo é obrigado a tomar terra secretamente nunha base militar. Incomprensiblemente as-os pasaxeiras-os son a réplica exacta do avión que aterrou en marzo. Este suceso orixina unha crise a nivel mundial.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
back link