Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Recital de Yolanda Castaño, este xoves nas Torres

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá un recital de poesía e música este xoves 26 de outubro ás 19.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz. A voz de Yolanda Castaño unirase ás composicións do músico Isaac Garabatos, en diálogo constante entre música e poesía, nun espectáculo de gran calidade artística e cargado de emocións.

Yolanda Castaño é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritores/as na Coruña. Premio Nacional de Poesía (2023) e Premio da Crítica en lingua galega (2022) polo seu libro Materia. Entre as súas obras destaca: Vivimos no ciclo das Erofanías, O libro da Egoista, Profundidade de campo, A segunda lingua, Elevar as pálpebras ou Delicia. Ademais dos citados, ten no seu haber outros premios literarios, como por exemplo: Premio da Cultura de Galicia (2023), Premio Irmandade do Libro a autora do ano (2014), Premio Fundación Novacaixagalicia (2013), Premio Ojo Crítico (2009), Premio Espiral Maior (2007), Premio Nacional da Crítica (1999).

Isaac Garabatos é un dos músicos e compositores máis versátiles do panorama musical galego. Realizou numerosos traballos de composición para diferentes obras de danza contemporánea, teatro, curtametraxes e grupos de Jazz, Fusión, Latin-Jazz, Funk, Folk, Pop, Rock e dance.
 

back link