Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os centros da mocidade de Oleiros avanzan a nova programación para o mes de febreiro

Durante o mes de febreiro terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para rapazada entre 14 e 30 anos.

As Casas da Mocidade levan adiante unha nova programación para o mes de febreiro no que destacan as seguintes actividades e obradoiros:

02/02/2024 - OBRA DE TEATRO "MOSTELLARIA" DE CORZO PRODUCCIÓNS - AS PEDRAS - Ás 20:30h

09/02/2024 - OBRADOIRO DE COCIÑA: ENTROIDO SEN GLUTE - AS PEDRAS – De 17:30 a 19:30h. 

16/02/2024 - TORNEO DE TENIS DE MESA - AS PEDRAS -  De 17:00h a 22:00h.  

17/02/2024 - SAÍDA A PEDRAFITA DO CEBREIRO - De 08:00 a 15:00h.

23/02/2024 - OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á MAXIA - PORTABERTA - De 17:30 a 19:30h. 

27/02/2024 - OBRADOIRO DE PASTA DE DENTES BIO - PORTABERTA -  De 17:00h a 19:00h. 

A inscrición nas actividades é gratuíta e finaliza o domingo anterior á realización da mesma. Información e inscricións en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e teléfonos 981 977944-981614083.
 

back link