Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O orzamento do Concello para 2024 será de 43,8 millóns

O Goberno municipal aprobará o próximo 26 de outubro o orzamento do Concello para o próximo ano, que estará en vigor desde o 1 de xaneiro e que ascende a 43.810.000 euros, un 5,54% máis respecto ao do ano 2023.

O 61% dos recursos destinaranse a bens correntes, servizos básicos e persoal, para fortalecer aínda máis a prestación de servizos públicos; cun incremento do 13% no caso dos gastos correntes destinado a mellorar o servizo de limpeza viaria, ampliar o mantemento de zonas verdes e dotar de máis calidade a atención ao servizo de axuda no fogar.

Tamén se realizará un investimento moi significativo en novas obras e servizos. Está previsto dedicar 14,6 millóns de euros para numerosas actuacións de asfaltados, melloras e creación de novos tramos de beirarrúas, renovacións da iluminación pública; melloras en parques e instalacións deportivas, sociais e culturais; obras de eficiencia enerxética en edificios municipais; e renovacións de redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais.

En canto aos ingresos, os impostos directos e indirectos supoñen igual que en anos anteriores un 30% do total. O 29% correspóndese aos ingresos procedentes doutras administracións e o outro terzo, aínda que figura como un pasivo financeiro, realmente procederá dos remanentes de Tesourería propios do Concello tras o peche do presente exercicio 2023.

A próximo semana celebrarase unha asemblea coas entidades veciñais máis representativas na que o alcalde presentaralles o documento antes da súa aprobación  no pleno municipal.


GASTOS

  • Persoal: 12.279.860,00 €
  • Gastos correntes: 14.844.640,00 €
  • Gastos financeiros: 56.780,00 €
  • Transferencia correntes: 1.515.730,00 €
  • Fondo continxencia: 350.000,00 €
  • Investimentos reais: 14.658.675,00 € 
  • Transferencia capital: 30.000,00 €
  • Activos financeiros: 36.000,00 € 
  • Pasivos financeiros: 38.315,00 €


INGRESOS

  • Impostos directos: 12.084.000,00 €
  • Impostos indirectos: 1.400.000,00 €
  • Taxas e prezos públicos: 4.748.126,88 €
  • Transferencias correntes: 12.980.078,00 €
  • Ingresos patrimoniais: 449.500,00 €
  • Alleamento invest. Reais: 0,00 €
  • Transferencias capital: 967.438,05 €
  • Activos financeiros: 36.000,00 €
  • Pasivos financeiros: 11.144.857,07 €
     
back link