Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns abre o prazo de inscrición para o Obradoiro do corpo

O 17 de xaneiro reiníciase a actividade Obradoiro do Corpo que se desenvolverá entre a Casa da Cultura de Perillo e a polideportiva da II República. Será todos os mércores, ata final de ano, en horario de mañá.

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal deseñada para mulleres, que ten por obxectivo o empoderamento persoal e colectivo, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as mulleres participantes. Este obradoiro forma parte do amplo programa de actividades dirixidas ás mulleres para o seu benestar físico e emocional, desde unha perspectiva de xénero. 

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse na web do Concello, no apartado Participa! desde o luns 8 de xaneiro. É posible obter máis información chamando ao teléfono 981 610 000 (extensións 3503 e 3120) ou escribindo un correo a igualdade@oleiros.org.
 

back link