O importe dedicado a esta convocatoria é de 30.000 euros, e as achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras que puidesen obter as entidades beneficiarias para o mesmo obxecto. Os gastos subvencionados serán os realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023. Serán considerados gastos subvencionables as embarcacións de remo (banco fixo e banco móbil) cos seus accesorios, colchonetas para a configuración de tatamis, tapices de ximnasia rítmica, mesas de tenis, altofalantes subacuáticos, pista ou tapiz de esgrima, remoergómetros...
As solicitudes poderán presentarse a través da Sede Electrónica desde mañá ata o día 10 de novembro.