Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros reúnese coas comisións de festas para informar sobre a lexislación

Oleiros, 13 de setembro de 2018-. Na reunión celebrada este xoves o Concello asesora ás comisións de festas do municipio con respecto á normativa vixente e o seu cumprimento.

O alcalde de Oleiros destaca o valor do traballo das comisións de festas e anima á veciñanza a colaborar coas mesmas. Así mesmo, remarca a importancia dos festexos para a vida do municipio. “As festas son importantísimas e unha festa ten que ter música. Outro tema son determinados comportamentos que non se poden permitir e que en moitas ocasións veñen derivados de traer certas orquestras”, comenta Seoane. O alcalde lembra ás comisións de festas que non se pode permitir tampouco a instalación de “chiringuitos” que non cumpran coa normativa en materia de seguridade.

 

back link