A obra conta que o Apalpador baixa cada ano desde O Courel para traer castañas e agasallos e desde que coñeceu a nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.
A través desta obra buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas, para que poidan volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dunhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.