Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Mera

O Concello organiza o domingo 3 de decembro ás 12:00 horas un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Mera, no Auditorio Gabriel García Márquez. O espectáculo está dirixido a nenas e nenos maiores de 1 ano e para participar é posible inscribirse a través da web municipal a partir deste luns, desde as 10:00 horas.

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”… e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango. Todos eles moi dinámicos, facendo partícipe a todo o público deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!”

Os dous primeiros días da inscrición terán preferencia as familias inscritas no Apego de Oleiros.

INSCRICIÓNS

back link