Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas na Casa do Concello e percorrerá todo o municipio

O vindeiro venres 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio. 

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

¿16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
¿16:45 H - Avenida Francisca Herrera
¿16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
¿17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
¿17:10 H - Rúa das Garridas
¿17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
¿17:25 H - Urbanización O Seixo
¿17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
¿17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
¿18:05 H - Avenida Espoz y Mina
¿18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
¿18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
¿18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
¿18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
¿18:50 H – Rúa Doutor Fleming
¿19:00 H – Paseo de Mera
¿19:05 H – Avenida María Pita
¿19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
¿19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
¿19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
¿19:35 H – Avenida Concepción Arenal
¿19:40 H – Avenida Che Guevara
¿19:50 H – Rúa Darwin
¿20:00 H – Avenida Santa Cristina
¿20:10 H – Rúa Miradoiro
¿20:15 H – Avenida da II República

back link