Actividades 65+

Atrás Desde o 3 a 7 de abril pode solicitar praza no programa de sendeirismo Ven e descubre 25

O programa consiste en rutas de sendeirismo guiado entre e 12 e 14 km seguindo a temática "Así falamos, asi somos" 

Para participar nas rutas é necesario participar na ruta pola costa norte de Oleiros: "Os nomes de Oleiros" e participar na xornada de formación e confirmación de praza o día 24 de abril ás 11:00 horas nas torres de Santa Cruz.

Estas son as rutas que pode seleccionar e solicitar praza desde o 5 a 7 de abril: 

SENDEIRISMO

4-OS NOMES DE OLEIROS

5-A LINGUA DA NATUREZA -ONS

6-A FALA DOS OFICIOS. O ROSAL  

7-FALAR DE CASTREXOS- BAROÑA

1- Perillo e Montrove

6/5/2025

27/5/2025

17/6/2025

11/9/2025

2-Santa Cruz-Dorneda-Serantes-Maianca-Dexo

29/4/2025

20/5/2025

3/6/2025

2/9/2025

3-Oleiros- Iñás-Nós

30/4/2025

13/5/2025

10/6/2025

9/9/2025

A quen vai dirixido?

persoas maiores de 65 anos empadroadas en Oleiros. 

Inscricións

Para inscribirse de forma telefónica, as persoas que o desexen poderán chamar ao 981 610000 en horarios de tarde (de 16:00 a 20:00 horas) os días 3,4 e 7 de abril:

O día 8 de abril publicaranse os listados provisionais das persoas preinscritas. O xoves 10 de abril ás 12:00 horas producirase o sorteo e as listas de admitidos definitivas serán expostas o venres 11 de abril.

Aquelas persoas que sexan admitidas deberán acudir a unha reunión de formación e confirmación de praza o día 24 de abril ás 11:00 horas nas torres de Santa Cruz.

Inscrición sendeirismo "Ven e descubre25"