Dende Outubro 2010

Atrás Animoso e saudoso Barnes

Imagen Animoso e saudoso Barnes

Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026

O escritor británico Julian Barnes (Leicester, 1946) foi galardonado co Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026 por unha obra que o xurado define como “lúcida, cálida e compasiva” e marcada por un “optimismo melancólico e un pesimismo alegre”. Recoñece o autor de "El loro de Flaubert" pola súa mirada lúcida, irónica e compasiva sobre o ser humano. Barnes, autor de "El sentido de un final" ou "Arthur e George", construíu unha traxectoria que combina novela, ensaio, memoria, arte, música, gastronomía e historia literaria cunha mirada europeísta e un estilo singular dentro da narrativa británica contemporánea. Este mismo ano publicou "Despedidas", o ensaio co que anunciou a súa retirada da literatura e no que reflexiona sobre a necesidade de aprender a dicir adeus.

Fonte: fpa

Barnes en Bibloleiros, Barnes en RadiOleiros, Barnes nos clubs de lectura, títulos dispoñibles en GaliciaLe, títulos dispoñibles en eBiblio, conversa de Julian Barnes con Xesús Fraga, tradutor de Barnes ao galego), Página dos rtve, julianbarnes.com, elespañol, bbc

Visita a expo de Julian Barnes que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

                                                                                                                                    Parabéns, Julian!!!