Inserción social

Atrás PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2025/2026

O próximo luns 2 de xuño ábrese o prazo de presentación das solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2025/2026, este prazo finalizará o luns 30 de xuño.

Na Ordenanza de Medidas pola Inclusión Social  do Concello de Oleiros (BOP 91 do 24/10/2024) está recollida, no seu Título IV, a prestación de apoio ao comedor escolar.

A ordenanza establece que o prazo ordinario de solicitude será no mes de xuño anterior ao inicio do curso escolar. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2025/2026 iniciarase o luns 2 de xuño e finalizará o luns 30 de xuño.

Esta prestación está dirixida a cubrir o custo, íntegro (100%) ou parcial (60% ou 40%), da praza de comedor escolar dos centros públicos do Concello de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAS e teñen asinado un convenio para a xestión destas prestacións coa concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

A efectividade da prestación de apoio ao comedor escolar concedida estará sempre condicionada á dispoñibilidade por parte da ANPA de prazas no comedor de cada centro.

O importe da axuda farase directamente ás ANPAS, mes a mes, tras a certificación da asistencia ao comedor do alumnado beneficiario tal e como se establece nos convenios. Naqueles casos nos que a axuda non sexa íntegra, e sexa solo do 60% ou do 40%, a contía restante ata o coste íntegro do comedor deberá aboalo directamente a familia.

As familias beneficiarias deberán cumprir os requisitos xerais e económicos establecidos na ordenanza. Os límites de ingresos mensuais na unidade familiar, unha vez descontados os gastos establecidos na ordenanza en función dos conceptos e do número de persoas da unidade familiar, quedan recollidos na seguinte táboa.

 

Nº PERSOAS

AXUDA 100%

AXUDA 60%

AXUDA 40%

LÍMITE DE INGRESOS

LÍMITE DE INGRESOS

LÍMITE DE INGRESOS

2

708,00 €

1.308,00 €

1.608,00 €

3

840,00 €

1.440,00 €

1.740,00 €

4

996,00 €

1.596,00 €

1.896,00 €

5

1.068,00 €

1.668,00 €

1.968,00 €

6

1.140,00 €

1.740,00 €

2.040,00 €

7

1.212,00 €

1.812,00 €

2.112,00 €

As solicitudes xunto coa documentación necesaria deberán presentalas nos rexistros establecidos a este efecto.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

REXISTRO XERAL DO CONCELLO: Praza de Galicia 1 - Oleiros. Horario de 8.30 - 14.00h.

VILLA ECHEVERRY: Avenida Ernesto Che Guevara 45 - Perillo. Horario de 9.00 - 14.00h.

NA SEDE ELECTRÓNICA, NO APARTADO REXISTRO E NO TRÁMITE:  Instancia tipo para solicitudes xenéricas de rexistro electrónico

Contidos

ORDENANZA DE MEDIDAS POLA INCLUSIÓN SOCIAL (pdf, 175,8 kB)

O pasado 03/10/2024 foi publicada no BOP o texto definitivo da Ordenanza das Medidas de Pola Inclusión Social do Concello de Oleiros. Esta ordenanza entrou en vigor o o pasado venres 25/10/2024 unha vez transcorridos os 15 días hábiles, para posibles alegacións do Estado ou da CCAA.