Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Documental sobre o proceso de creación dunha obra de teatro, o xoves 8 nas Torres de Santa Cruz

Imagen Documental sobre o proceso de creación dunha obra de teatro, o xoves 8 nas Torres de Santa Cruz

O vindeiro xoves 8 de outubro ás 19.00 horas o teatro das Torres acolle a estrea do documental NON DAMOS PUNTADA SEN FÍO, VII Premio Luísa Villalta a proxecto pola igualdade 2025 da Deputación da Coruña.

O documental, rodado integramente en Oleiros, fala sobre o proceso de creación, produción e montaxe do espectáculo teatral “Manual de Patronaxe”, da compañía teatral Teatro do Noroeste.

O filme está dirixido por Eva Alonso e conta co realizador César Seijas, que seguen de preto e documentan durante varios meses as labores do equipo de Teatro do Noroeste durante a produción de Manual de Patronaxe, un espectáculo homenaxe ás mulleres, ás modistas e ás coidadoras. 

O texto, da dramaturga Nerea Brey, levou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia do 2023. O documental conta tamén coas entrevistas ás mulleres profesionais que fixeron posible o espectáculo.

A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.