Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas na Casa do Concello e percorrerá todo o municipio

O vindeiro luns 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a Praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio en autobús descapotable.

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio 
16:40 H - Urbanización Os Regos, avenida Isaac Díaz Pardo
16:50 H – Urbanización O Seixo, rúa Cormorán  
17:00 H - Casa do pobo de Nós 
17:20 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido 
17:35 H - Casa do pobo de Iñás 
17:50 H – Casa do pobo de Dexo
18:00 H – A Lagoa de Mera 
18:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo 
18:30 H – Praza Esther Pita de Santa Cruz
19:00 H – Polideportiva II República de Perillo

back link