Trámites de información pública

Atrás PLAN PARCIAL DO SECTOR SUD-8 "O CARBALLO"

Aprobación inicial do Expediente 2022/PLANEAM/000020 - FG Nº 707

Mediante Resolución da Alcaldía número 2026004372 do 24 de xullo, acordouse aprobar inicialmente con condicións o PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE DELIMITADO SUD-8, O CARBALLO (Documento NRE 2026012818 do 11 de xuño).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público polo prazo de DOUS MESES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas na web do concello no apartado de Urbanismo - Trámites de información pública.

Quedan suspendidas as licenzas urbanísticas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do SUD-8 por supoñer o documento aprobado inicialmente unha modificación da ordenación urbanística vixente.

Oleiros, 27 de xullo de 2026

Ángel García Seoane

Alcalde-Presidente