Modificacións puntuais
Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.
Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.
Atrás MP Nº18, Retirada do Catálogo dun hórreo situado en Mera, polo trámite de modificación non substancial
Na sesión extraordinaria do Pleno que tivo lugar o 30 de abril de 2025, acordouse aprobar
inicialmente a modificación puntual núm. 18 do PXOM: Retirada do Catálogo dun hórreo situado en
Mera, polo trámite de modificación non substancial.
O obxecto da modificación puntual núm. 18 do PXOM de Oleiros é a descatalogación do elemento D-4 do catálogo de bens patrimoniais, correspondente a un hórreo situado en Mera (Serantes). Xustifícase pola súa falta de valor cultural, ao tratarse dunha construción recente, sen interese etnográfico nin arquitectónico. A súa inclusión no catálogo responde a un erro de localización. Proponse a súa eliminación mediante o procedemento simplificado previsto no artigo 83.5 da LSG.
A continuación pode descargalo Acordo Plenario de aprobación inicial
e o documento completo en PDF para a súa consulta.