Modificación Nº2 do Plan Parcial do SUNP I-33 Iñás.
A presente modificación puntual do Plan Parcial do S.U.N.P. I-33.R, Iñás, refírese exclusivamente á ordenación pormenorizada do ámbito. O seu obxecto é axustar determinados aspectos da normativa
e da planimetría vixentes, sen alterar a estrutura xeral do planeamento nin modificar os parámetros fundamentais de edificabilidade, uso ou sistemas dotacionais previstos polo Plan Xeral Municipal de Ordenación.
En concreto, a modificación persegue unha finalidade dobre:
- Axustar o texto da Ordenanza A (zona industrial) co fin de eliminar a exixencia de redactar e aprobar un Estudo de Detalle para os supostos de simple división ou agregación de parcelas.
- Actualizar a planimetría do documento incorporando a “liña límite de edificación” (LLE) aprobada definitivamente pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, de conformidade coas resolucións publicadas.
Pode consultalo Decreto de aprobación inicial facendo -click aquí-
Pode consultalo documento completo accedendo ó enlace que figura mais abaixo.