Programa de asistencia

Atrás Actividades de Verán

 

Actividades deportivas:

 

Kaiak en Santa Cruz

Curso de iniciación ao kaiak de mar dirixido a mozos e mozas nacidos entre 2012 e 2015. Desenvolverase nas instalacións náuticas da praia de Santa Cruz, en sete quendas de verán: do 29 de xuño ao 3 de xullo, do 6 ao 10 de xullo, do 13 ao 17 de xullo, do 27 ao 31 de xullo, do 3 ao 7 de agosto, do 17 ao 21 de agosto e do 24 ao 28 de agosto.

Cada curso terá unha duración de 10 horas, de luns a venres, en horario de 11:30 a 13:30 horas, con 14 prazas por quenda.

A actividade está orientada á aprendizaxe das técnicas básicas de navegación e seguridade no kaiak de mar, fomentando tamén o coñecemento e respecto polo medio mariño. É obrigatorio saber nadar.

Prezo público por quenda: 19 €.


Surf en Bastiagueiro

Cursos de iniciación ao surf dirixidos a mozos e mozas nacidos entre 2009 e 2013, que se desenvolverán na Casa do Surf da praia de Bastiagueiro. Haberá catro quendas: do 29 de xuño ao 3 de xullo, do 6 ao 10 de xullo, do 20 ao 24 de xullo e do 10 ao 14 de agosto.

Cada curso terá unha duración de 10 horas, de luns a venres, en horario de 10:00 a 12:00 horas, con 18 prazas por quenda.

Inclúe todo o material necesario e permite iniciarse na práctica do surf, coñecendo as técnicas básicas e as normas de seguridade. É obrigatorio saber nadar.

Prezo público por quenda: 30 €.


Multideporte Oleiros

Programa deportivo dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2019, organizado por grupos de idade e desenvolvido de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas. O punto de encontro será o pavillón municipal de Bastiagueiro, desde onde se realizarán os desprazamentos ás diferentes actividades.

Cada campus contará con 30 prazas e celebrarase nas seguintes datas:

  • Do 29 de xuño ao 3 de xullo (nados/as en 2018 e 2019).
  • Do 6 ao 10 de xullo e do 10 ao 14 de agosto (nados/as en 2016 e 2017).
  • Do 3 ao 7 de agosto e do 24 ao 28 de agosto (nados/as en 2014 e 2015).

O programa combina diferentes modalidades deportivas e actividades ao aire libre, como xogos deportivos, orientación, escalada, sendeirismo, surf, paddle surf, piragua, patinaxe ou deportes alternativos, adaptadas á idade dos participantes. É obrigatorio saber nadar.

Prezo público por quenda: 56 €.


Multideporte Encoro da Fervenza

Campus deportivo de aventura con catro noites de pernocta, dirixido a mozos e mozas nacidos entre 2010 e 2013. Desenvolverase nas instalacións de Naturmaz, no Encoro da Fervenza (Mazaricos), con dúas quendas: do 13 ao 17 de xullo (nados/as en 2010 e 2011) e do 17 ao 21 de agosto (nados/as en 2012 e 2013).

Durante cinco días, os participantes realizarán actividades como surf, BTT, xogos acuáticos, roteiro ecuestre, paddle surf, vela, sendeirismo e kaiak, combinando deporte, convivencia e contacto coa natureza.

Prezo público por quenda: 165 €.

 

Para máis información, pode consultar aquí.