Novas

NOVAS

Atrás Este sábado 9 de maio volve o teatro á Fábrica

Begoña Caamaño: o transgredir das ondas chega este sábado 9 de maio á Fábrica ás 20.30 h.

A entrada é gratuíta con invitación, que se repartirá desde 30 minutos antes do espectáculo.

O Servizo de Normalización Lingüística programou para celebrar as Letras Galegas unha obra de teatro sobre a persoa homenaxeada este ano, Begoña Caamaño. Esta obra de teatro da compañía Berrobambán, con texto de Paula Carballeira e dirixida por Chiqui Pereira, está financiada pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Unha peza unipersoal de Berrobanbán que reivindicar a condición de xornalista radiofónica de Begoña Caamaño abordando temas fundamentais na súa obra como a igualdade entre homes e mulleres, a solidariedade e implicación cos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos e a importancia da liberdade de expresión no xornalismo. Na peza, unha xornalista recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora

Este é o punto de partida de Begoña Caamaño: o transgredir das ondas, unha peza de teatro protagonizada por unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Begoña, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais nos que participou. Porén, durante a gravación deste podcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual que as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa historia.