¿
O programa de verán abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Deportes, Enducación e Xuventude para o tempo de lecer.
Listado de prazas vacantes: Preme aquí.
- Preincricións actividades verán: preme aquí. (a partir do día 13 ás 10:00 horas)
- Preinsciricións actividades CEMAE: preme aquí.(a partir do día 13 ás 10:00 horas)
Por mor de traballos de mantemento na rede informática do Concello, o martes 27 de maio a partir das 14:00 horas, non se poderán xerar autoliquidacións das actividades de verán.
Está previsto que o corte de servizo teña unha duración aproximada de 5 horas.
Con tal motivo, amplíase o prazo para a xeración de recibos e a recepción de xustificantes de pago e autorizacións ata o mércores 28 de maio ás 14:00 horas.
Lamentamos as posibles molestias e agradecemos a súa comprensión.
Listaxes Admitidos verán 2025: Listaxe admitidos sorteo actividades verán 2025.
Listaxe preinscricións: Listaxe provisional de persoas preinscritas para as actividades de verán 2025
Folleto de actividades: Actividades verán 2025.
Actividades CEMAE: Información Actividades Escola de Danza/Teatro.
Preferentemente a rapaces/zas empadroados no concello de Oleiros.
- Distintas datas, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
- Distintas horarios, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
- Distintas sedes, dependendo da actividade a realizar. Consultar folleto de actividades de verán 2025 aqui: Folleto activiades verán 2025.
- A efectos de adxudicación das prazas, darase a mesma consideración que ás persoas empadroadas ás menores de idade que ainda non constando como veciñas, se atopen nas seguintes situacións, que deberán ser debidamente acreditadas:
- Os/as menores que vivan en réxime de acollida no Lar A Mercé.
- Os/as menores que se atopen en situación de acollemento familiar en familias empadroadas en Oleiros.
- Os/as menores non empadroados cando un dos proxenitores si o estea.
Todas estas circunstancias deben ser comunicadas mediante correo electrónico enviado a afabrica@oleiros.org durante o período de preinscrición.