Unha xornada de encontro das familias con nenos e nenas menores de idade veciñas de Oleiros que desexan pasar parte do día desenvolvendo actividades, facendo redes e compartindo experiencias.
Tal e como se recolle no cartel haberá actividadesde mañán e de tarde deseñadas especialmente para a ocasión. A comida será tipo romaría.
Terán prioridade as familias veciñas de Oleiros que participaran previamente nalgún obradoiro do programa Familias Inquedas.
24 de maio de 2025
12:00 a 18:00 h (horarios aproximados)
A recepción das persoas participantes será dende as 11.15 h
As Torres de Santa Cruz
Do venres 16/05/205 ás 14:30 h ata o martes 20/05/2025 ás 23:00 h
De balde
Solicitase un compromiso das persoas que se inscriban a que a sua participacion sexa durante toda a xornada, xa que as prazas son limitadas e os obradoiros e actividades están deseñadas para un número determinado de persoas.
s.sociais@oleiros.org
Posteriormente á inscrición, se lle mandará un mail solicitando que indique o número de persoas que van acudir da súa familia e as idades.