Actividades sociais

Atrás ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL A FAMILIAS CUN DIAGNÓSTICO TEA

Sesións mensuais dirixidas por  una especialista en la materia. O obxectivo é ofrecer pautas para que os nenos e nenas acaden o maior grado de desenvolvemento e autonomía persoal así como, de forma paralela, xenerar un espazo de escoitasen xuizos ás familias e que permitan unha reflexión conxunta.

A quen vai dirixido?

Pais, nais e familias acolledoras que teñan ao seu cargo menores de idade cun diagnóstico TEA e que estean empadroadas no Concello de Oleiros

Data do evento

Primeira sesión o luns 26 de maio de 2025.

Posteriormente haberá unha sesión mensual de xuño a decembro excepto nos meses de xullo e agosto.

Horario

18:00 a 20:00 h

Lugar de Celebración

Villa Echeverry - Perillo

Avda. Che Guevara 45

Inscricións

Venres 16/05/25 ás 12:00 h ata o martes 20/05/25 ás 23:00 h

Prezo

De balde.

Solicítase unha responsabilidade no suposto de ter unha praza adxudicada, cun compromiso de asistir á actividade  de forma regular e dentro dos horarios (mais aló dos imprevistos por causa de forza maior que poidan xurdir)

Medios de contacto
Outra información de interese

As sesións serán  guiadas por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar, especializada en acompañamento a persoas no espectro autista e as súas familias.

 

O venres 16 de maio a partir das 12.00 h estará disponible o enlace co formulario de inscrición.

FORMULARIO INSCRICION