Actividades infantís

Atrás Cantareiras, de Polo Correo do Vento

 

Nesta actividade descubriremos a historia das cantareiras, mulleres que conservaron a música e a lingua galega a través do canto popular  (homenaxeadas este ano no  Día das Letras Galegas), logo debuxaremos un mural  que represente o seu mundo e remataremos cun obradoiro de debuxo creativo, onde cada participante ilustrará a súa propia cantareira seguindo as indicacións da ilustradora.

Esta actividade está organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística municipal.

 

A quen vai dirixido?

Familias con crianzas maiores de 4 anos.

Data do evento

15 de novembro de 2025

Horario

18.00 horas

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

Desde o luns 10 de novembro ás 10.00 horas.

Formulario de inscrición