Actividades "A porta violeta"

Atrás Volve Móvete+ e amplía a súa programación

Con este programa búscase contribuír á mellora da calidade de vida das participantes mediante a práctica de actividade física adaptada ás súas necesidades, pois o exercicio pode contribuír a reducir ou paliar determinados efectos asociados aos procesos e tratamentos oncolóxicos, como a fatiga, os trastornos do sono ou as dificultades de concentración e memoria. Ademais, o programa busca favorecer o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais, así como crear un espazo de encontro e unha rede de apoio e coidados entre as participantes.

Ademais, nesta edición, amplíase a frecuencia da actividade: Móvete+ pasa de desenvolverse 2 días á semana.

Todos os martes e venres, agás festivos, do 15 de setembro ao 15 de decembro de 2026, ambos inclusive. 

Poderán participar, mulleres empadroadas no Concello de Oleiros que estean atravesando actualmente un proceso oncolóxico ou teñan pasado previamente por un proceso oncolóxico.

Ao incorporarse á actividade solicitarase un informe médico, que deberá entregarse á profesional dinamizadora para unha adaptación óptima das actividades á realidade de cada participante.

Esta actividade realizarase na Casa da República e na Pista de Meixonfrío, en horario de 11:00H a 12:30H

O período de inscrición está a berto todo o ano. 

Para inscribirse, deslíce ata o final da páxina, e prema no Formulario de inscrición.

A quen vai dirixido?

A mulleres empadroadas no Concello que xa atravesaran ou estean a atravesar un proceso oncolóxico. 

Data do evento

Todos os martes e venres. 

Horario

De 11:00 a 12:30h. 

Lugar de Celebración

Casa da República e na Pista de Meixonfrío en Santa Cruz (Rúa Manuel Gutiérrez Mellado, 5, 15179 Oleiros). 

Inscricións

Aberto todo o ano. 

Prezo

De balde. 

Medios de contacto

Para mais información, pode chamar ao teléfono de Atención veciñal, 981 00 00 00, ou no correo eléctrónico, igualdad@oleiros.org . 

Formulario de inscrición