Recibidas as solicitudes para participar nas actividades de “SENDEIRISMO” do programa “Ven e descubre 2026” se realiza un sorteo aleatorio no que se asignan as listas de persoas admitidas e a lista de agarda coas solicitudes en reserva.
- Todas as persoas están admitidas nalgunha saída polo que deben acudir a reunión de formación o próximo xoves 14 de marzo as 11:00 da mañá no teatro de As Torres en Santa Cruz para confirmar a praza.
- Informamos que ante o grande número de persoas que participarán nas actividades a ruta “Camiñando por Oleiros”, ruta obrigatoria para poder participar nas rutas fora de Oleiros, esta se desdobrará en dúas xornadas diferentes distribuídas segundo a parada seleccionada na solicitude de praza:
- Veciños e veciñas de Perillo o 19 de Maio
- Veciños e veciñas de Oleiros, Iñás e Nós o 27 de maio
- As datas do grupo 9. Montrove –Santa Cruz-Dorneda-Serantes e Dexo permanecen na data programada 26 de Maio
Os recibos de pagamento das rutas de sendeirismo deberán descargarse desde a “sede electrónica” e aboarse nun prazo de 8 días anteriores a data de saída, entregando unha copia do pagamento nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros o Perillo.