A programación infantil inclúe artes plásticas, teatro, olaría e pintura, con actividades adaptadas ás diferentes idades. Para a mocidade ofrécense obradoiros de teatro, olaría e pintura, mentres que as persoas maiores de 18 anos poderán participar nos obradoiros de teatro, olaría e pintura.
Os prezos públicos permitirán manter unha programación cultural accesible. No caso dos obradoiros infantís e xuvenís, as tarifas oscilan entre os 13 e os 23 euros mensuais, mentres que os destinados a persoas adultas teñen prezos de 17 euros ao mes para teatro, 38 euros para olaría e 31 euros para pintura. As actividades desenvolveranse entre outubro e xuño en diferentes instalacións municipais.
Para os obradoiros infantís e xuvenís o prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 18 de setembro e para os obradoiros de maiores será do 22 ao 25 de setembro. As solicitudes poderán tramitarse na Sede electrónica, ou presencialmente na Fábrica.
Con esta programación, o Concello de Oleiros continúa apostando por unha oferta cultural estable, próxima e accesible, favorecendo a participación da veciñanza e o desenvolvemento da creatividade artística desde a infancia ata a idade adulta.