Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás O PRÓXIMO MÉRCORES 17 DE SETEMBRO RETOMAMOS O OBRADOIRO DO CORPO

QUE É O OBRADOIRO DO CORPO?

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal, deseñada para mulleres, e desenvolta no marco de actuación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este ten por obxectivo o apoderamento persoal e colectivo, de xeito que busca revalorizar a identidade de cada unha das participantes dende a propia actividade corporal, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as participantes.

Os aspectos a traballar nas sesións son:

  • Conciencia corporal
  • Benestar postural
  • Respiración e relaxación
  • Tonificación muscular
  • Actividade física para diferentes patoloxías
  • Estiramentos
  • Autoestima

 

Ao longo das diferentes sesións, alternaranse a explicación de conceptos teóricos con dinámicas e exercicios que contribúan á reflexión persoal e ao entendemento de ditos conceptos. Ademais, incentivarase ás participantes ao intercambio de experiencias e apoio mutuo baseado nos coidados.

Se tes menos de 60 anos, estás empadroada no Concello de Oleiros, e che apetece en participar, neste Obradoiro, queda algunha praza vacante na segunda quenda. O horario é de de 11:30H a 13:00H, os mércores na Casa da Cultura de Perillo. 

Debes presentar por rexistro a solicitude 

Para mais información podes poñerte en contacto no correo electrónico, igualdade@oleiros.org ou ben no teléfono de atención veciñal 981 61 00 00 

back link