Novas

Atrás Os contos da Tropa de Trapo concienciarán aos nenos e ás nenas sobre a solidariedade internacio

Oleiros, 16 de novembro de 2015-. A Tropa de Trapo continúa o xoves en Oleiros a xira ‘Ti tamén contas’, que ao longo deste ano percorre máis de vinte concellos de toda Galicia. A proposta músico-teatral, no seu formato para público infantil, terá lugar ás 18.30 horas na biblioteca Rialeda, con entrada de balde.

Sensibilizar sobre a solidariedade internacional é o obxectivo das historias que se escoitarán sobre o escenario. Os contos ‘O home feliz’, ‘A pelota’ ou ‘Tumbé’ introducen cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais. A seguir, debátese co alumnado sobre a relación entre a abundancia e a felicidade, o consumo responsable ou a importancia da cooperación, sempre a través de dinámicas activas e participativas.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 87 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
 

back link