NOVAS

Atrás Creouse un novo recurso na rede, Galegobook

Máis de cen obras xa se poden consultar en Galegobook, un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar e compartir libros que circulan pola rede sobre a lingua galega. Entre eles podemos atopar manuais seleccionados pola súa temática: gramática, fonética, terminoloxía…; pola súa autoría ou polo seu título, polo que é moi doado utilizar este novo recurso.

Para acceder a Galegobook só tes que picar no seguinte enlace: http://galegobook.blogspot.com