Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Varios colectivos homenaxearán ao Che o domingo pola tarde en Santa Cristina

Oleiros, 21 de outubro de 2015-. A asociación portuguesa Porto com Cuba e Terra sen Amos Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil renderanlle homenaxe ao líder revolucionario arxentino Ernesto Guevara o vindeiro domingo 25 ás 16:30 horas. O acto terá lugar no parque José Martí. Alí, as persoas participantes serán recibidas polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e outros representantes do Goberno municipal.

Con motivo do recente 48 aniversario do asasinato do Che, estes colectivos veñen a Oleiros para lembrar a figura deste heroe da revolución cubana. Unha vez remate o acto no parque José Martí, sobre as 17:00 horas, realizarase unha ofrenda floral ao pé da estatua que honra a Guevara, na avenida que leva o seu nome. Ademais de García Seoane, tamén intervirá o presidente de Porto com Cuba, Gonçalo Duarte.

 

back link