Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Unhas conferencias sobre Carlos Casares abren as actividades de celebración do Día das Letras G

Oleiros, 28 de abril de 2017-. Dentro do amplo programa que ten o Concello de Oleiros para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao insigne escritor Carlos Casares, e para conseguir os obxectivos de achegar a súa figura, dar a coñecer as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, estanse a levar a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades. Concretamente o día 2 de maio, no teatro das Torres de Santa Cruz realizaranse dúas conferencias sobre Carlos Casares.

O escritor e profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega Henrique Monteagudo será o encargado de dar as charlas que serán ás 10:30 e ás 11:40 horas o vindeiro martes. Están organizadas polas Bibliotecas Municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia e diríxense a alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato dos institutos deste concello.

Henrique Monteagudo, ademais de amigo persoal de Casares, traballou con el no Consello da Cultura Galega e é autor do libro Carlos Casares un contador de historias: vida e obra publicado pola editorial Galaxia no que ofrece, a modo divulgativo, unha aproximación á vida e obra de Casares.
 

back link