Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Un obradoiro de gravado e estampación ensinará aos nenos a crear adornos de Nadal

Oleiros, 21 de decembro de 2015-. O Concello de Oleiros organiza para estas vacacións escolares dous obradoiros de gravado e estampación con temática de Nadal no centro cultural A Fábrica. Celebraranse en dúas quendas, a primeira o luns 26 de 10:00 a 13:00 horas e a segunda o martes 27 de 10:00 a 13:00 horas.

Os rapaces e rapazas participantes darán nestes obradoiros os primeiros pasos para coñecer e aprender a utilizar as técnicas básicas do gravado sobre goma eva/linóleo e da estampación para a creación de adornos de Nadal e selos con diferentes materiais para facer símbolos, debuxos ou decorar papeis de agasallo e postais de Nadal.

Os obradoiros están dirixidos a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2005 e 2010. Ofertaranse 15 prazas para cada unhas das quendas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar as inscricións débese contactar, a partir do xoves 22, co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica, persoalmente ou a través do teléfono 981 636 598.
 

back link