Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Un ano máis o Concello volverá decorar os espazos públicos con grandes murais

Imagen Un ano máis o Concello volverá decorar os espazos públicos con grandes murais

 O Concello de Oleiros ten aberto o prazo para que os muralistas que o desexen participen na terceira edición do Expresa Oleiros Urban Fest, que se celebrará este verán. O Concello convida a todos aqueles artistas interesados en presentar os seus deseños para formar parte desta iniciativa cultural e artística. 

Durante todo o mes de xuño estará aberto o prazo para a presentación dos deseños. Agárdase, como cada ano, un alto interese para participar na convocatoria e contribuír co talento dos e das muralistas a esta nova edición do festival, que ten por obxectivo encher de cor e creatividade algúns espazos públicos do Concello.

Expresa Urban Fest vai ampliando cada ano a colección de murais con aportacións de prestixio. Na actualidade hai 16 grandes intervencións noutros tantos espazos públicos do territorio municipal.

As persoas interesadas poderán solicitar información a través do correo electrónico urbanismo@oleiros.org.