Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Sesión de maxia, o domingo pola tarde na Fábrica

Oleiros, 21 de outubro de 2015-. O auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Perillo presenta este domingo 25 de outubro ás 18:30 horas o espectáculo Historias dun ilusionista, unha actuación do Mago Rafa incluida nunha nova edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques organizado polo Consorcio das Mariñas e o Concello de Oleiros. A actuación será aberta ao público en xeral, con entrada libre, ata completarse a capacidade da sala.

Nesta selección o Mago Rafa amosa a maxia coma algo maís que trucos, coma unha arte que conleva anos de práctica e fai posible que outros crean que o que fas é imposible. Un mago é alguén que non pode vivir, respirar, dormir ou incluso soñar sen deixar de pensar en como facer o imposible.

 

back link