Oleiros, 05 de setembro de 2016-. Nas vindeiros semanas contrataranse as obras para a construción da cuberta do Parque da Lagoa e da senda costeira que conectará o miradoiro da capela de Santa Ana con Canide. No caso da cuberta da Lagoa os traballos ascenden a 441.600 euros. O custo da senda é de 507.677,93 euros.
O paseo costeiro que unirá Santa Ana e Canide é un proxecto que a Dirección Xeral de Costas se comprometera a realizar hai máis de dez anos. Daquela se lle esixira ao Concello de Oleiros a expropiación do solo na zona de servidume da costa. A pesar de que se realizou a expropiación cun forte investimento económico e de proxectos, igual que aconteceu no contorno da praia de Naval, os terreos nunca foron obrados polo Ministerio. Esta obra unirá agora o paseo marítimo de Mera, que remata na capela de Santa Ana, coa zona verde da urbanización de Canide. Deste xeito, os veciños poderán camiñar desde Mera ata a localidade de Breixo por terreo público.
No caso da construción da cuberta na praza da Lagoa de Mera, a obra tamén incluirá a renovación do parque infantil e diversas actuacións de mantemento e reposición do mobiliario deste espazo público. Estas obras están incluídas nun plan da Deputación da Coruña, que financia un parte importante destes proxectos.