Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 29 agosto 2025

Imagen Recomendacións en Radioleiros: 29 agosto 2025

"Dinguirindiña: a viaxe de Saleta a pandeireta" de Caldo; ilustracións de Ro Ledesma e "Kavanagh" de Esther Cross

"Dinguirindiña: a viaxe de Saleta a pandeireta" de Caldo; ilustracións de Ro LedesmaRecomendacións en Radioleiros: 29 agosto 2025- Infantil:

"Dinguirindiña: a viaxe de Saleta a pandeireta" de Caldo; ilustracións de Ro Ledesma. En Cumio.

Libro musical que nos conta a historia de Saleta a pandeireta, que é esquecida pola súa amiga Sira despois dunha foliada e que, coa axuda das cunchas Rasca e Trisca, o pandeiro Leiro, Lola a tixola e a lata Renata emprende unha viaxe ata Mens para atopar a Sira.

"Kavanagh" de Esther Cross

- Mocidade e público adulto:

"Kavanagh" de Esther Cross. Editado por Minúscula.

Libro de relatos independentes con un nexo común o que o convirte nunha pequena novela. Personaxes que viven no edificio Kavanagh e conviven nunha proximidade involuntaria e permanente.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.