Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os contos do Lobicán, monicreques para nenos e nenas este sábado na Fábrica

O Concello organiza este sábado un novo espectáculo cultural infantil. Será Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro, ás 18:00 horas, na Fábrica.

Trátase dun espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

Dunha duración de 40 minutos está dirixido a nenas e nenos maiores de 3 anos. O espectáculo é gratuíto pero para asistir é preciso inscribirse previamente.

INSCRICIÓNS

back link