Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros súmase ao movemento ¿Light it up blue¿

Oleiros, 01 de abril de 2016-. O Concello de Oleiros súmase aos actos de sensibilización sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TAE) que se van celebrar en todo o mundo mañá día 2 de marzo. Atendendo á solicitude da Asociación ASPANAES, entidade sen ánimo de lucro que traballa con este colectivo na provincia da Coruña, na noite de hoxe a mañá o Castelo de Santa Cruz iluminarase de cor azul, sumándose ao movemento “Light it up blue” (Ilumínao de azul).

O obxectivo desta campaña é concienciar a poboación sobre o autismo, un trastorno que fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e na interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta.

Esta realidade afecta hoxe en día a 1 de cada 100 nacementos que precisan necesario dispoñer contextos adaptados e apoios flexibles e diversos que dean resposta ás necesidades individuais das persoas con TEA ao longo do seu ciclo vital, en todas as dimensións que repercuten na súa calidade de vida (persoal, educativa, laboral, social, sanitaria etc.)

“INCLUSIÓN, TOLERANCIA E RESPECTO” é o lema desta campaña de concienciación que desenvolven a nivel europeo todas as entidades que traballan co espectro do autismo.
 

back link