Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros súmase á iniciativa «A Hora do Planeta» para loitar contra o cambio climático

Oleiros, 30 de marzo de 2012. – O Concello de Oleiros participa un ano máis na campaña a Hora do Planeta apagando durante unha hora varios edificios municipais como a Casa do Concello ou o castelo de Santa Cruz, actual sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. A Hora do Planeta 2012 pretende ser a maior chamada á acción organizada ata agora e un dos obxectivos é superar a participación da edición do ano pasado. A iniciativa servirá para demostrar que é posible solucionar o problema do cambio climático traballando nunha mesma dirección. A iniciativa pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

O apagamento producirase mañá sábado día 31 de marzo, de 20.30 a 21.30 horas, cando se apagarán as luces de monumentos, rúas, empresas e fogares en miles de cidades de todo o mundo, para tomar conciencia do problema e coñecer a importancia da nosa participación na defensa do medio ambiente. En Oleiros, ademais da Casa do Concello e do castelo de Santa Cruz apagaranse tamén a iluminación pública da avenida Che Guevara e os paseos marítimos da ría, de Santa Cruz e de Mera.
 
 

back link