Oleiros, 11 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros recolleu máis de 1.500 quilos de diversos alimentos, principalmente arroz, pasta e latas de conservas, así como preto de 250 produtos de limpeza e hixiene durante a campaña de recollida de alimentos organizada en prol da ONG coruñesa Equs Zebra pola Concellería de Servizo Sociais, Sanidade e Consumo.
As persoas responsables da asociación sen ánimo de lucro amosaron a súa satisfacción pola espectacular resposta das familias de Oleiros á súa petición de colaboración, que lles permitirá cubrir a parte da demanda de produtos de alimentación que teñen no seu economato social dirixido ás persoas máis desfavorecidas. Desde as concellerías de Ensino e Servizos Sociais, Sanidade e Consumo agradécese a todas as familias participantes, así como aos centros de ensino público, a súa desinteresada colaboración nesta campaña que, grazas a eles, foi un auténtico éxito.