Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros organiza a Festa da mocidade cun concerto onde participarán grupos locais

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude, organiza para o próximo 7 de xullo no aparcadoiro de Bastiagueiro a festa para a mocidade. Nesta celebración as persoas asistentes poderán participar nunha serie de actividades, así como acudir ao campionato de skate organizado especialmente para esta data.

Durante esta xornada e como acto principal celebrarase un concerto onde actuarán grupos noveis, principalmente do noso concello. Aqueles grupos que queiran optar a participar neste acto poderán presentar as súas maquetas ao departamento de Xuventude do Concello de Oleiros, sito no complexo cultural A Fábrica. As gravacións recibidas serán enviadas a Radio Oleiros para que poidan ser difundidas a través dos programas de música da radio municipal.
 

back link