Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros impartirá un curso de preparación para a obtención do título de graduado en educación s

Oleiros, 22 de xaneiro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en ESO, coa finalidade de preparar academicamente ao alumnado asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención do dito título en ESO. As probas terán lugar os vindeiros días 29 de maio e 9 de setembro. Este curso preparatorio terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, dos Regos en horario de 9:30 a 13:30. Dando comezo o vindeiro 10 de febreiro.

Este curso preparatorio terá unha duración de 160 horas e un custo aproximado ao mes de 28 euros para os empadroados e 56 euros para os non empadroados. Todas as persoas que desexen participar neste curso terán que facer a inscrición no Centro de Información Xuvenil da Fábrica ou ben no correo electrónico c.xuventude@oleiros.org. Co obxecto de dar máis información sobre o desenvolvemento do curso así como o calendario terá lugar unha reunión o día 6 de febreiro ás 10:00 no Centro Municipal de Formación dos Regos.

 
 
back link